jueves, 28 de enero de 2016

A miña experiencia no proxecto

O proxecto da avaliación pasada estivo moi interesante ao coñecer unha empresa ao fondo e traballar sobre ela.

As tarefas que realicei durante o proxecto foron facer as preguntas para a entrevista na empresa que eliximos (Kiwi Atlántico), visitar a empresa e facer a entrevista, elaboración do video e da redacción sobre os contidos aprendidos no proxecto da empresa escollida.
O traballo en equipo foi bastante produtivo ainda que ao principio houbo moitos problemas coa búsqueda e a visita a empresa. Ao final sacamos adiante o traballo e o rematamos con poucas dificultades.
Durante o proxecto aprendín o funcionamento dunha empresa de kiwis e todos os procesos que se levan a cabo para que un produto (no noso caso fruta) chegue ao mercado.
O máis difícil foi a búsqueda e a visita á empresa xa que estaba a media hora en coche. Tamén tivemos moitos problemas co video e a redacción dos contidos vistos na entrevista.
No contrario,  o máis doado foi facer a entrevista, xa que coas preguntas feitas só tiñamos que anotar contidos do entrevistado e atender. Se tivese que repetir cambiaría a colaboración dos participantes do grupo que en algúns momentos foi nula e quitarí a reportaxe escrita xa que na miña opinión co video-reportaxe xa quedan claro os contidos.
Non cambiaría a visita á empresa que foi bastante divertida.
En conclusión foi un proxecto que axudoume a coñecer moita información e traballo da empresa que nunca antes sabía como funcionaban as máquinas e os traballadores para elixir os mellores kiwis en forma e tamaño para diferentes tipos de mercadores. Repetiría o trballo con outra empresa.